Skip links

Turismo Ornitolóxico

O turismo ornitolóxico, con diferentes acepcións en función da finalidade buscada (identificación, avistamento de especies escasas, elaboración de listas de especies locais, nacionais ou internacionais, fotografía…), consiste na realización de actividades de lecer que teñen como eixo central a observación de aves, non sendo en todos os casos un fin en si mesmo senón un complemento máis dentro do atractivo da visita a un espazo natural. Este tipo de turismo increméntase cada vez máis (o turismo de natureza supón case un 15% do tráfico mundial de viaxeiros e uns 10 millóns desprázanse anualmente para ver aves en Europa) aportando valor económico aos espazos visitados (aquí atoparas algúns documentos en pdf con máis información) e presenta unhas peculiaridades que o fan moi atractivo:

Os interesados desprázanse seguindo os movementos/presencia de aves, o que permite desestacionalizar a oferta, xa que as mellores épocas son a primavera, outono e inverno.

Non é un turismo de masas e xeralmente é moi respectuoso co medio ambiente.

O groso dos estranxeiros que buscan esta alternativa está formado por persoas de máis de 45 anos e con elevados niveis educativo e económico.

A crecente importancia que está a adquirir podemos vela na cantidade de noticias referentes a esta modalidade de turismo que aparecen na prensa xeneralista e na oferta específica para este fin que realizan as grandes operadoras de viaxes. Nunha sinxela procura en google, poñendo “turismo ornitolóxico España”, aparecen máis de 20.000 entradas.

Se queres ampliar información achegámosche unhas ligazóns. Tamén podes facer procuras no teu buscador da internet. Hai moita información na rede.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies